martes, 17 de marzo de 2015

PRECAUCIONS PARA OBSERVAR O ECLIPSE SOLAR

O ACONTECEMENTO ASTRONÓMICO QUE IMOS VIVIR É ÚNICO XA QUE NON SE VOLVERÁ REPETIR EN MOITO TEMPO!
PERO!!!!  COIDADOOOOO!
É MOI PERIGOSO!
SOBRE TODO PARA OS NENOS E NENAS!
POR ISO DEBEDES TER EN CONTA AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS!!;
O sol nunca debe observarse a simple vista, NIN cando hai eclipse  e podemos pensar que o daño nos ollos é menor. 
NON VALEN AS GAFAS DE SOL!!
Para observar o eclipse con seguridade é necesario o uso de filtros especiais.
Os "trucos" caseiros baseados en cristais afumados, CDs ou negativos de fotos non serven. So serven as gafas de eclipse, homologadas pola Comunidade Europea para a observación solar (índice de opacidade 5 ou maior).
Unha opción perfectamente válida para observar o eclipse na casa é ver a imaxe proxectada sobre algún tipo de pantalla situada á sombra. Isto pódese conseguir cun papel ao que se ten recortado un buratiño dun centímetro de diámetro, ou usando un espello (pero non directamente no espello senon a proxección sobre unha parede ou cartolina).
Así podes facer unha caixa escura para ver o eclipse colocándote de espalda ao sol:
Outra excelente opción de poder contemplar con total seguridade o eclipse en directo é facelo por Internet. No sitio Slooh vano emitir en directo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario