lunes, 23 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA: SUXESTIÓNS 5

HOXE IMOS PROPOÑERVOS UN XOGO QUE AXUDA A QUE AS MATEMÁTICAS SEXAN FÁCILES E DIVERTIDAS.
O XOGO CONSISTE EN IR SALTANDO CASILLAS E CONTANDO.
PODEDES DICIR OS NÚMEROS AO AZAR OU TIRAR UN DADO...

PODEDES FACER AS CASILLAS MOI FACILMENTE, USANDO AS BALDOSAS DO CHAN, CON CINTA ILLANTE OU SEMELLANTE, OU CON ROTULADOR PERMANENTE...
  • OS MÁIS PEQUENOS PODEN CONTAR SALTOS CARA ADIANTE E CARA ATRÁS.
  • OS MÁIS GRANDES PODEN SALTAR ATA UN NÚMERO, SABER CANTOS FALTAN PARA 10, E COÑECER ASÍ OS AMIGOS DO 10 (3-7, 2-8, 1-9).
  • TAMÉN PODEN PRÁCTICAR PEQUENAS SUMAS E RESTAS. (SALTO 3, SALTO OUTROS 3, CHEGUEI AO 6...)


MÓVENSE, PÁSANO BEN E APRENDEN DE XEITO MANIPULATIVO!!!
NO SEGUINTE ENLACE ATOPARÁS MÁIS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS INTERACTIVAS:
https://es.ixl.com/math/infantil

ADEMÁIS TEMOS DOUS CONTOS NOVOS E MOI INTERESANTES PARA AXUDAR AOS NENOS E NENAS A ENTENDER ALGO MELLOR A SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR!

CORONAVIRUS NO ES UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA:
https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

MISIÓN:QUEDA NA CASA (CONTO COLOREABLE):
https://82cc3e96-d0ab-4e18-a0c0-5bd7c21b2244.filesusr.com/ugd/b17e2e_8384acfc15564f28a8fcf62b60e09f7e.pdf

Lembrade que podedes deixar comentarios/preguntas en todas as entradas do blog. Contestaremos encantados!

ÁNIMO A TODXS!
TODO IRÁ BEN!
EU QUEDO NA CASA!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

3 comentarios: