martes, 31 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA: SUXESTIÓS 10

BO DÍA, FAMILIAS,

  • HOXE TEMOS UNHA PROPOSTA PARA APROVEITAR O QUE TENDES NA CASA.

UTILIZANDO DISTINTOS ALIMENTOS (ARROZ, GARBANZOS, LENTELLAS, PASTA...) PODEDES FACER FIGURAS XEOMÉTRICAS, ENSARTAR (AS QUE SEXAN OCAS) E FACER SERIES. TAMÉN PODEDES FACER SERIES COS CUBIERTOS... AO MESMO TEMPO TRABALLADES A MOTRICIDADE FINA, O VOCABULARIO E CONCEPTOS COMO GRANDE-PEQUENO, ANTES-DESPOIS, CÍRCULO, CADRADO...
 E AHORA A COLABORAR FACENDO O XANTAR E POÑENDO A MESA.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS EXEMPLOS... PERO SEGURO QUE VOS TENDES MOITA MÁIS IMAXINACIÓN...
  

 

  • ADEMÁIS DEIXÁMOSVOS A CANCIÓN DOS DEDOS DAS MANS (QUE VOS ENCANTA) PARA QUE LAVEDES AS MANS CON MIGALLAS:


NESTE ENLACE, QUE POÑEMOS TAMÉN NA BARRA LATERAL DEREITA ( elixe versión para ordenador se usas o teléfono), ATOPAREDES ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL QUE PON Á NOSA DISPOSICIÓN A EDITORIAL S.M.
https://www.grupo-sm.com/es/yoaprendoencasa-infantil

Achegámosvos un aviso da dirección do centro para as familias, tendo en conta que xa rematamos a 2ª avalización:

"Como non é posible entregar os boletíns coma sempre, deberán descargar nos seus teléfonos móbiles a aplicación abalarMobil  (desde o Play store ou App store), deste xeito recibirán as notas dos seus fill@s on line.
Si a algunha familia non lle é posible facer isto que chame ó centro por teléfono (de luns a venres de 9 a 14 horas), imprimirémoslle o boletín e enviarémosllo por correo ordinario".

ÁNIMO A TODXS!
TODO IRÁ BEN!
EU QUEDO NA CASA!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

No hay comentarios:

Publicar un comentario