miércoles, 29 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA: SUXESTIÓNS 22

 O SÁBADO, 2 DE MAIO É O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR.
POR ISO PENSAMOS QUE PODEDES  COMPARTIR COS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS UN DEBUXO OU MANUALIDADE, UN VÍDEO, UNHA COMPOSICIÓN CON FOTOS... CALQUERA MEDIO QUE SERVA PARA EXPRESAR UN MOMENTO IMPORTANTE DA VOSA VIDA, DO CONFINAMENTO, O VOSO  XOGUETE PREFERIDO...
TODO O QUE MANDEDES ÁS VOSAS MESTRAS TITORAS, SERÁ PUBLICADO NESTE BLOG, O SÁBADO, 2 DE MAIO.
A IDEA É QUE TODOS E TODAS VEXADES AS DIFERENTES FORMAS QUE TEMOS DE EXPRESARNOS ... E QUE NINGUNHA É MELLOR, NIN PEOR... SON SÓ DIFERENTES, 
E ASÍ VALORAREMOS A IMPORTANCIA DE RESPECTAR A TODOS E TODAS, CADA QUEN COS SEUS GUSTOS, VIVENZAS  E PREFERENCIAS.
PARA QUE OS NENOS, NENAS E AS FAMILIAS POIDADES PARAR E TER UN MOMENTO DE REFLEXIÓN, DEIXAMOSVOS ESTE VÍDEO:
POR UN MUNDO MÁIS TOLERANTE!
ÁNIMO A TODOS!!
TODO IRÁ BEN!!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario