Bo día familias!!!.
Un día máis deixámosvos novas propostas. Desexamos que vos gusten e as disfrutedes moito.
- Buscando figuras xeometricas.
(Circulo, cadrado...)
Ahora que as temos todas xuntas:
1.Ordenamos da máis grande á máis pequena.
2. Fai unha serie como quieras.
3. Agrupamos polo tamaño ou pola cor.
4. Fai un grupo cos círculos e outro cos cadrados.
5. Nos esquezas deixar cada cousa no seu sitio.
- Proposta musical:
- Movemento: Facemos percorridos...
- Con algo na cabeza, pode ser un folio, unha pelota.... O que vos apetezca...
- Ou con varios obxectos para ir aumentando a dificultade.
- As letras do teu nome. Busca en revistas, xornais, etiquetas, envases.... Terás que recortarlas e pégalas para compoñer o teu nome.
- Manualidade: Propoñémosvos crear unha composición relacionada coa horta, podedes empregar os materiais dos que dispoñades nas vosas casas (materiais de refugallo, teas, fíos, area, terra, flores, follas...)
Todooooo o q a vosa imaxinacion vos permita!!!
Podedes amenizar o ambiente entranto facedes a manualidade con esta canción que xa coñecemos:
Podedes amenizar o ambiente entranto facedes a manualidade con esta canción que xa coñecemos:
- Deixámosvos tamén este bonito conto:
Mil bicos e abrazos.
Carmen e Merchi
No hay comentarios:
Publicar un comentario