lunes, 1 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 2: 3 ANOS/2

Bo día!!!!
Gozade das nosas propostas para esta semana!!
  1. Xogo: sitúa unha vasoira no chan e.....
  • Salta cos pes xuntos dun lado a outro da vasoira.
  • Coas mans apoiadas no chan nun extremo da vasoira, salta cos pes xuntos dun lado a outro
  • Salta a vasoira e a continuación pasa por debaixo dela (un adulto eleva a vasoira do chan) . Así sucesivamente.
  • Métete dentro dunha bolsa grosa da compra, agarra as asas e salta dun lado cara outro.
2. Lóxico-matemáticas.
Colle varias parellas de calcetíns, grandes, medianos, pequenos; de varias cores.... e xúntaos todos.
  • Cantos hai en total?
  • Atréveste a buscar as parellas de novo?
  • Facemos series? Inventa o patrón para colócalos e elabora unha serie cos calcetíns.
  • Compara dous calcetíns distintos. Que diferencias atopas?
  • Emparella de novo e intenta dobralos.
  • Neste conto os protagonistas son tres chivos: un pequeno, un mediano e un grande
3. Experimento: Trasvase con esponxas.
  • Coloca dúas cuncas nunha bandexa, unha con auga e outra baleira.
Absorve a auga cunha esponxa e trasvasa a auga á outra cunca, apretándoa coas mans ata pasar toda a auga.
(lembrade cos nenos e nenas os conceptos cheo/baleiro e absorvente  -a esponxa é absorvente porque "chupa" a auga-)

4. As Vogais: Todos a cantar para lembrar as vogais.
Aquí tes as vogais para repasar:




Un bico xigante.
Carmen e Merchi!

No hay comentarios:

Publicar un comentario