viernes, 12 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 3: SUXESTIÓNS 4

Bo día a todos e todas!
Xa remata a semana. Esperamos que vos gustara moito
aprender cousas sobre os océanos e sobre como coidalos...
  • Sabes por que a auga do mar é salgada??? A ver se neste vídeo nos axudan a descubrilo...
  • Eres quen de memorizar este refrán e estas poesías? Tamén podes repasar as letras, decorar...

  • Tamén podes repasar os nomes e decorar os animais do mar??
  • Hoxe propoñemos esta divertida manualidade con rollos de papel hixiénico, decoras o rollo, fas as aletas, aplastas para pegar e poslle os ollos... Despois podes usar os peixes de moitas maneiras... :
  • Axúdasnos a contar os animaliños do mar?? Tamén lle podes dar color!
  • E ahora a buscar diferenzas nestes fondos mariños... Hai 16!!! 

E O BROCHE DE OURO...
A NOSA AMIGA SUSA HERRERA E O LEÓN MARINO:
TODO IRÁ BEN!
MOITO ÁNIMO!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario