ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

viernes, 27 de marzo de 2015

jueves, 26 de marzo de 2015

martes, 17 de marzo de 2015

PRECAUCIONS PARA OBSERVAR O ECLIPSE SOLAR

O ACONTECEMENTO ASTRONÓMICO QUE IMOS VIVIR É ÚNICO XA QUE NON SE VOLVERÁ REPETIR EN MOITO TEMPO!
PERO!!!!  COIDADOOOOO!
É MOI PERIGOSO!
SOBRE TODO PARA OS NENOS E NENAS!
POR ISO DEBEDES TER EN CONTA AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS!!;
O sol nunca debe observarse a simple vista, NIN cando hai eclipse  e podemos pensar que o daño nos ollos é menor. 
NON VALEN AS GAFAS DE SOL!!
Para observar o eclipse con seguridade é necesario o uso de filtros especiais.
Os "trucos" caseiros baseados en cristais afumados, CDs ou negativos de fotos non serven. So serven as gafas de eclipse, homologadas pola Comunidade Europea para a observación solar (índice de opacidade 5 ou maior).
Unha opción perfectamente válida para observar o eclipse na casa é ver a imaxe proxectada sobre algún tipo de pantalla situada á sombra. Isto pódese conseguir cun papel ao que se ten recortado un buratiño dun centímetro de diámetro, ou usando un espello (pero non directamente no espello senon a proxección sobre unha parede ou cartolina).
Así podes facer unha caixa escura para ver o eclipse colocándote de espalda ao sol:
Outra excelente opción de poder contemplar con total seguridade o eclipse en directo é facelo por Internet. No sitio Slooh vano emitir en directo:

jueves, 12 de marzo de 2015

ECLIPSE TOTAL DE SOL

QUE PENA QUE ESE DÍA É FESTIVO!!!!
ASÍ QUE... MAMIS, PAPIS!!!!
NON NOS DEIXEDES PERDER ESTE ESPECTÁCULO!!!!
PERO MOITO COIDADO!!! É MOI PERIGOSO MIRAR AO SOL!!

GLOBO COHETE

A PROFE MANÚ ENSIONOUNOS A TODOS A FACER O GLOBO COHETE:

HOXE VIÑERON VISITARNOS OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A E A PROFE MANÚ ENSINOUNOS A FACER UN GLOBO COHETE!!

VOS TAMÉN PODEDES FACELO!!

FELIZ DÍA NEIRA

NEIRA XA TEN 4 ANOS!!!!
DESEXÁMOSLLE MOITAS FELICIDADES!!!!

martes, 10 de marzo de 2015

FILOMENA DATO 2016

Desde o noso centro, entre outras entidades, estamos a promover que o Día das Letras Galegas no ano 2016 estea adicado á Filomena Dato.
Esperamos o apoio activo de toda a Comunidade Educativa.

FELIZ DÍA ÁNGELA

ÁNGELA XA TEN 6 ANOS!!!!!!

QUE TEÑAS UN DÍA FORMIDABLE!!!!!!

lunes, 9 de marzo de 2015

FELIZ DÍA PAULA

PAULA XA TEN 5 ANOS
DESEXÁMOSCHE UN DÍA SUPERFENOMENAL!!!!!
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A CANTÁRONME O FELIZ ANIVERSARIO EN CHINÉS!!!!!

jueves, 5 de marzo de 2015