ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

viernes, 28 de octubre de 2011

FELICIDADES BEATRIZ

HOXE FOI O ANIVERSARIO DE BEATRIZ!
XA TEN 5 ANOS!
DESEXÁMOSLLE MOITAS FELICIDADES!! 
 
 PASÁMOLO DE MEDO!!
ESCOITAMOS A CANCIÓN DOS ESQUELETOS:

jueves, 27 de octubre de 2011

FELIZ DÍA JONATHAN

JONATHAN O DÍA 30 CUMPLIRÁ 5 ANOS. HOXE CELEBRÁMOSLLO NO COLEXIO.
DESEXAMOS QUE PASES UN DÍA MOI FELIZ!


ENCANTANNOS TODAS AS CABAZAS!


 


SAMAÍN NA BIBLIOTECA

A PROFE AURORA CONTOUNOS UN CONTO DO SAMAÍN:
O día un de novembro é o primeiro do ano no calendario celta. Celébrase a tradicional noite de Samaín, na que ocorren cousas máxicas e póñense cabazas con velas acesas nas portas das casas. Fermín, o monstro das castañas, que comía de dúas en dúas, preparouse para o concurso de sustos desa noite. Quería ser o gañador. Peiteando a súa longa melena vermella descubriu no espello, alarmado, que se lle tinxira o pelo de verde. Así non ía poder asustar os nenos.
A rata Casilda, unha experta gañadora do concurso de sustos varios anos, díxolle que fora por comer tantas castañas na noite de Samaín. Suxeriulle facer máis terrible o seu aspecto poñendo un rabo longo: atou unha corda á cintura, pero enredouse con ela. Probou a poñer dentes e bigotes de rata coas pinzas da roupa e os cordóns dos zapatos, pero non daba falado ben e os bigotes facíanlle cóxegas.
Uns nenos que o viron con esa pinta ríronse del. Entón púxose contento e xa non lle importou non poder gañar o concurso de sustos: este ano ía facer rir.


 

martes, 25 de octubre de 2011

MÁIS CABAZAS

OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS TROUXERON UNHAS CABAZAS CHULÍSIMAS!!










ANIVERSARIO CABACIÑA

UNHA DAS NOSAS CABACIÑAS ESTIVO HOXE DE ANIVERSARIO: TIÑA 5 CANDEAS!
CANTÁMOSLLE O FELIZ ANIVERSARIO E SOPRAMOS AS CANDEAS!


viernes, 21 de octubre de 2011

CORRE CORRE CABACIÑA

LOGO VAI CHEGAR O SAMAÍN POR ISO IMOS FACER UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS! TODOS/AS PODEDES PARTICIPAR!!
PARA AMBIENTAR A DECORACIÓN DA VOSA CABAZA PODEDES ESCOITAR E CANTAR A CANCIÓN DE CORRE, CORRE CABACIÑA!!


FELICIDADES ISMAEL

MAÑÁ ISMAEL CUMPLIRÁ OS 5 ANOS.
DESEXÁMOSLLE QUE PASE UN DÍA MOI FELIZ!!

VOLVEMOS Á BIBLIOTECA

O MÉRCORES NA BIBLIOTECA A PROFE CRIS CONTOUNOS UN CONTO MOI "VIAXEIRO"
DESPOIS ESCOITAMOS A CANCIÓN DO CONTO NA AULA... E GUSTOUNOS MOITO:

viernes, 7 de octubre de 2011

FELIZ DÍA SARA

MAÑÁ SARA CUMPLIRÁ OS 5 ANOS!
HOXE CELEBRÁMOLO NA CLASE.
DESEXÁMOSCHE UN DÍA MOI FELIZ!!

miércoles, 5 de octubre de 2011

FROITAS DO OUTONO

MACEIRAS, MAZÁS E PLASTILINA.
HOXE VIMOS, TOCAMOS, ULIMOS E COMEMOS MAZÁS ...
DESPOIS TAMÉN FIXEMOS ALGUNHA DE PLASTILINA:
     

     

PASÁMOLO FENOMENAL!!