ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

jueves, 27 de octubre de 2011

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

A PROFE AURORA CONTOUNOS UN CONTO DO SAMAÍN:
O día un de novembro é o primeiro do ano no calendario celta. Celébrase a tradicional noite de Samaín, na que ocorren cousas máxicas e póñense cabazas con velas acesas nas portas das casas. Fermín, o monstro das castañas, que comía de dúas en dúas, preparouse para o concurso de sustos desa noite. Quería ser o gañador. Peiteando a súa longa melena vermella descubriu no espello, alarmado, que se lle tinxira o pelo de verde. Así non ía poder asustar os nenos.
A rata Casilda, unha experta gañadora do concurso de sustos varios anos, díxolle que fora por comer tantas castañas na noite de Samaín. Suxeriulle facer máis terrible o seu aspecto poñendo un rabo longo: atou unha corda á cintura, pero enredouse con ela. Probou a poñer dentes e bigotes de rata coas pinzas da roupa e os cordóns dos zapatos, pero non daba falado ben e os bigotes facíanlle cóxegas.
Uns nenos que o viron con esa pinta ríronse del. Entón púxose contento e xa non lle importou non poder gañar o concurso de sustos: este ano ía facer rir.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario