- COMPARTIDE AS TAREFAS DOMÉSTICAS COS NENOS E NENAS, DÁNDOLLES RESPONSABILIDADES, COMO...
- POÑER A MESA... CANTOS IMOS XANTAR??? HAI QUE POÑER O MESMO NÚMERO DE PRATOS, CUBIERTOS, SERVILLETAS...
- A HORA DE FACER A COMIDA É MOI INTERESANTE PORQUE TODO SE PODE CONTAR (ARROZ, FIDEOS, LENTELLAS...), TAMÉN SE PODE AMASAR, VER AS DIFERENTES TEXTURAS DOS ALIMENTOS...
- USADE OS 5 SENTIDOS: UNHA MAZÁ E REDONDA, VERMELLA, SUAVE, DURA, ULE A MAZÁ, NON SOA MOITO E TEN SABOR DOCE. AXUDÁDELLES A OBSERVAR COS 5 SENTIDOS.
- FALÁDELLES MOITO E E EXPLICÁDELLES TODO CON CLARIDADE, AO MESMO TEMPO QUE OS ESCOITADES E FACILITADES QUE SE EXPRESEN.
- TODO O QUE VOS RODEA NO FOGAR PODE SER UN MOMENTO EDUCATIVO SE PROPICIAMOS QUE OBSERVEN E PREGUNTEN, AO MESMO TEMPO QUE RESPONDEMOS ÁS SÚAS DÚBIDAS!
- A TELEVISIÓN E DEMÁIS PANTALLAS NON SON UN APARCADOIRO. VÉDEAS CON ELES E ELAS, E COMENTADE TODO O QUE OCORRE!
- A rtve HABILITOU CANAIS EDUCATIVOS PARA ESTOS DÍAS. PARA O NOSO TRAMO DE IDADES SERÍA ESTE ENLACE:
- https://www.rtve.es/rtve/20200313/clan-lanza-educlan-durante-cierre-centros/2010023.shtml
- OS CONTOS CLÁSICOS E OS XOGOS DE MESA APORTAN MOMENTOS DE COMUNICACIÓN MOI POSITIVOS.
- APROVEITADE PARA DISFRUTAR DELES E DELAS.
E... NON ESQUEZADES... PARA QUE ISTO SEXA BREVE...
QUEDA NA CASA!!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL
No hay comentarios:
Publicar un comentario