ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

viernes, 29 de mayo de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 2: SUXESTIÓNS 4

Bo día a todos e todas!
Xa é venres!
Para rematar a nosa semana de África, imos comezar o día facendo aerobic co elefante... A moverse amigxs!!!
E a cantar e bailar a canción do elefante de Susa Herrera:
  •  E seguimos co noso amigo elefante... sodes capaces de memorizar esta poesía do elefante?
  • E ahora... le, adiviña, une e escribe os nomes...

  • Neste xogo interactivo tendes unha chea de vídeos de animais da selva:
  • De novo,  temos un vídeo en inglés, de animais da selva:

  • E para finalizar esta semana queremos propoñer unha actividade para que fagades cos nenos e nenas...
Collede unha caixa e metede dentro un espello, de xeito que ao abrila nos poidamos ver reflexados nel.
A continuación dicídelle aos nenos e nenas que, cando abran esa caixa verán...
 o máis valioso do mundo!!!

Non esquezades mandar as fotos e dicir o voso animal preferido e por que o preferides, para facer o voso montaxe nenx-animal!!!

Moito ánimo!
Todo irá ben!
O equipo de Educación Infantil!

jueves, 28 de mayo de 2020

ANIVERSARIOS EN MAIO

AO LONGO DO MES DE MAIO ESTIVERON DE ANIVERSARIO...
VALERIA E THIAGO QUE XA TEÑEN 5 ANOS:
THIAGO, IZAN E ENZO QUE XA TEÑEN 6 ANOS:
DESEXÁMOSVOS MOITOS PARABÉNS PARA TODOS E TODAS!
MOITO ÁNIMO!!
TODO IRÁ BEN!!!

TODO IRÁ BEN/FASE 2: SUXESTIÓNS 3

Bo día familias, 

Empezamos con exercicio...

Podemos imitar animais e adiviñar a quen imitan... Tamén podemos imitar o crocodilo coa canción de Susa Herrera que nos encanta:

E seguimos aprendendo cousas do continente africano.
Neste vídeo contan cousas moi interesantes de África:

  • Podedes resolver este sudoku dos animais do conto "O don da tartaruga"?
  • Neste xogo interactivo tes que relacionar cada animal coa súa sombra:
E podes facer sombras cos animais que tendes pola casa:
Ou construir marionetas coas sombras dos animais:

  • E para rematar, aquí tendes unha divertida canción de animais en inglés:

Moito ánimo!
Todo irá ben!!
O Equipo de Educación Infantil!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

SEMANA DE ÁFRICA: COLABORACIÓNS


MAYA, 3 ANOS A, FIXO O SUDOKU DA SABANA:
 JOEL, 5 ANOS A, AMÓSANOS OS SEUS ANIMAIS DA SABANA:
 HUGO, 3 ANOS A, SOUBO AS ADIVIÑAS!
IZAN, 5 ANOS A, DEBUXOU A AWONGALEMA E FIXO MARIONETAS COAS SOMBRAS DOS ANIMAIS!
Os animais da Sabana de Xoel, 5 anos A:
Xandre, 5 anos A, recreou a sabana ao completo, debuxou a Awongalema e a tartaruga e fixo un portalapis/león...

Esta é a sabana de Erea, 4 anos A:
 THIAGO, 5 ANOS A, APROVEITOU AS MANUALIDADES DUNHAS REVISTAS DE ANIMAIS, QUE LLE ENCANTAN, PARA FACER A SÚA SABANA, E DEBUXOU A ÁRBORE MÁXICA, AWONGALEMA:
XOEL, 5 ANOS A, DEBUXOU A TARTARUGA E A AWONGALEMA:
HUGO, 3 ANOS A, RESCATOU AS SOMBRAS DOS ANIMAIS DA SABANA, DEBUXOU A AWONGALEMA... MOITAS COUSAS MÁIS:
MAYA, 3 ANOS A, DEBUXOU A ÁRBORE MÁXICA, AWONGALEMA, E A TARTARUGA!
Izan, 5 anos A, rescatou unha chea de animais da Sabana africana:
ADRIÁN, 5 ANOS A, DEBUXOU A ÁRBORE MÁXICA E A TARTARUGA DO CONTO "O DON DA TARTARUGA"
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!
MOITO ÁNIMO!!
TODO IRÁ BEN!!!

TODO IRÁ BEN/FASE 2: SUXESTIÓNS 2

Bo día, nenos, nenas, papás e mamás...
Primeiro un pouco de exercicio coa canción da xirafa...
Tamén podedes imitar movementos de animais: o elefante, o leopardo (é áxil e lixeiro, o elefante non corre pero dá pasos grandes)...

Hoxe ímosvos pidir aos maiores que colaboredes un pouco máis, e lles leades este precioso conto aos vosos/as nenos/as...
Un conto de Zambia en versión dxs profes de infantil
Esta é a árbore, e esta a tartaruga. Inspirándote no debuxo, recrea o conto, coa árbore chea de froitas. Recorda que eran variadas. Podemos facer unha exposición se nos mandades debuxos ás profes.
  • Neste vídeo fálanvos dos animais da sabana. É moi interesante:
  • Compartimos este xogo interactivo para facer puzzles de animais:
Preme no botón do fondo da pantalla para iniciar o xogo:
  • E para rematar por hoxe os sons dos animais da selva, en inglés:

Moito ánimo!
Todo irá ben!!
O Equipo de Educación Infantil!!!

martes, 26 de mayo de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 2: SUXESTIÓNS 1

Bo día, familias!
Onte foi o día de África... Esta semana queremos dedicala aos animais da Sabana... Tamén aproveitamos para salientar que a pesar das diferenzas todxs somos valiosxs!!
  • Empezamos cun pouco de ioga coa canción do león:
  • Escoitade este bonito conto, reflexionade e falade cos nenxs:
  • Propoñémosvos unha manualidade utilizando rollos de papel hixiénico:
  • Neste enlace tes unha actividade interactiva. Une a cabeza co animal correspondente... Diranche o seu nome en francés!!!!
  • Este xogo en inglés, é moi divertido: 
  
  • E a última proposta de hoxe é que nos mandedes unha foto vosa ás profes e nos digades o voso aninal preferido...
O venres mandarémosvos o voso nenx-animal.
Por exemplo, gústame o can porque é un amigo fiel...
Esta sería a profe-canfiel:
Moito ánimo!
Todo irá ben!
O equipo de Educación Infantil!

lunes, 25 de mayo de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 2: COLABORACIÓNS1

Xoel, 5 anos A, fixo un mural da súa 1° saída á rúa!
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!
MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!

TODO IRÁ BEN/FASE 2: 5 ANOS

As profes Belén e Manú, deixamos traballo para na páxina web do colexio!!
Premede nos enlaces para acceder:
Moito ánimo!
Todo irá ben!
Belén e Manú

TODO IRÁ BEN/FASE 2: 4 ANOS


As profes Luz e Isa, xa vos deixamos traballo para esta semana na páxina web do colexio!!
Premede no enlace para acceder:
Moito ánimo!
Todo irá ben!
Luz e Isa

TODO IRÁ BEN/FASE 2: INGLÉS

O teacher Andrés, ten un vídeo con animais da selva!
Moito ánimo!

TODO IRÁ BEN/FASE 2: 3 ANOS/1

BO DÍA, NENOS E NENAS!!
LEMBRADES A CURTIS?
ESTÁ NO COLE ESPERANDO QUE POIDAMOS IR TODOS E TODAS XOGAR!
  • FACEDE UN SUPERDEBUXO, DONDE ESTEDES XOGANDO CON CURTIS.
  • ESTA SEMANA PODEDES BUSCAR EN XORNAIS, REVISTAS... AS LETRAS DE CURTIS, RECORTALAS E PEGALAS DEBAIXO DO DEBUXO QUE FAGADES. 

PARA QUE VAIADES VENDO AO LONGO DA SEMANA, DEIXÁMOSVOS, ADEMÁIS DA CANCIÓN, OS CONTOS DE CURTIS...
  • CURTIS, EL VALIENTE:

  • REVUELO EN LA BIBLIOTECA:

  • E ESTE NOVO DA PRIMAVERA "QUIERO UNA MARIPOSA":

PODEDES COLOREAR ESTÁ BOLBORETA E DEIXALA PRECIOSA... E TAMÉN PODEDES BUSCAR AS LETRAS DE "BOLBORETA" OU "MARIPOSA":


  • COMO VOS SENTIDES HOXE?
  • CON ESTOS DEBUXOS DAS EMOCIÓNS DE CURTIS PODEDES ELIXIR O QUE REPRESENTA COMO VOS SENTIDES OU ELIXIR 2 E FACER SERIES...  

    Ao longo desta semana imos propoñer actividades relacionadas cos animais da sabana africana... Para ir empezando a tomar contacto...
    • NO SEGUINTE ENLACE TENDES UN XOGO PARA ADIVIÑAR ANIMAIS SALVAXES. CURTIS É UN..........   OS CASTORES SON ANIMAIS SALVAXES:

    MOITO ÁNIMO,
    TODO IRÁ BEN!
    MERCHI E CARMEN

    viernes, 22 de mayo de 2020

    DESEÑOS DE TAPABOCAS!

    No apartado de Recomendacións da páxina web do colexio, podedes ir vendo os desexos de tapabocas que imos recibindo!
    Son todos chulísimos!
    Grazas por participar!
    Animádevos os que ainda non fixestes!
    Moito ánimo!
    Todo irá ben!

    XA QUEDA MENOS! FASE 1: SUXESTIÓNS 8


    Bo día!
    Xa chegou o venres!
    Empezamos con algo de movemento? Vamos...

    Despois de relaxarnos un pouco, hoxe imos repasar días, meses e estacións para non esquecer...
    Podedes memorizar a poesía e decorar a cometa.

    Podedes recortar e pegar de xeito ordenado os globos dos meses e dicilos coa axuda dun adulto. 





    Puxemos os globos dos meses por cores según a estación do ano...

    Nesta roda tes imaxes das 4 estacións...  Recorta e pon a etiqueta donde corresponda.
    E outro xogo de diferenzas...
    A ver se atopas todas (7) ... Tamén podes colorear...
    Moito ánimo!
    Todo irá ben!!
    O equipo de Educación Infantil!!!