ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato
Mostrando entradas con la etiqueta TODO IRÁ BEN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TODO IRÁ BEN. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 4

Hoxe remata o curso, tiñamos que estar participando na festa de despedida...
Pero toca decir ata setembro desde aquí!
Así que,  imos bailar todos xuntos unha das últimas cancións que puidemos bailar xuntos, o día da Paz ...
Lembrade, 1, 2, 3, 4 adiante, atrás, xiro... E disfrutade das cousas boas da vida!!!!

Para que teñades presente durante o verán, lembramos o que nos suxeriron desde o departamento de orientación ao comezo do confinamento:
Na táboa Montessori de tarefas domésticas para nenxs que aparece no enlace,  amosan as actividades nas que os nosos pequenos poden colaborar...
  • Estos momentos son moi importantes e  educativos porque os nenos e nenas están utilizando estratexias de lóxica (ordenan por cores, formas, tamaños...); matemáticas (cantos somos, cantos pratos, cubiertos, servilletas necesitamos, cantos faltan...), motricidade fina (cando dobran a roupa, vos axudan a tendela, collen os utensilios...) ... ademáis de adquirir hábitos e valores.
  • Otra reflexión importante que comentan é que hai que observar os nenos/as e as súas necesidades. Por exemplo, comentan que se o neno/a quere saltar non llo debemos impedir, senón favorecer unhas condicións nas que poida facelo de xeito seguro... 
  • Tamén debemos estimular a súa observación... A mellor escola é o entorno do neno e del temos que sacar proveito. Vivimos nun mundo rodeado de letras, números, formas... Nos alimentos, marcas comerciais,  sinais de tráfico... Aproveitade todo o que os rodea para estimular e satisfacer a súa curiosidade.
  • Son excelentes colaboradores, e de paso que axudan, aprenden... Collendo cousas, contándoas, explicando como son, como ulen, como soan, como saben...
  • É importante que falen, que  os escoitedes e que saiban escoitar... Faládelle sempre claro e coa maior corrección posible...
DISFRUTADE E FACÉDEOS DISFRUTAR!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA CHEA DE VÍDEOS EDUCATIVOS... PREMEDE NAS ESTRELAS PARA ACCEDER...


Esperamos que vos gustaran as nosas propostas!
Moito ánimo na nova normalidade!
Desexámosvos a todos e todas moi bo verán!
Todo irá ben!
O Equipo de Educación Infantil!!!

jueves, 18 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 3

Bo día, familias!
Hoxe imos propoñer un repaso polas cancións e coreografías favoritas dos nenos e nenas...

O POPURRI DE LAS MANOS.

O GALO CANTA...

EU SON UN ARTISTA...

DIME QUE FIXECHES...

EL MONSTRUO DE LA LAGUNA!!!

Neste xogo interactivo atoparedes outras cancións...
E no seguinte enlace tes cancións de María Fumaça:

Na barra lateral dereita do blogue tamén  hai moitas cancións/conto (activa versión para ordenador, se estás usando o teléfono)

Esta manualidade tan divertida... Axudarache a inventar moitas historias de gatos!!
E para que non esquezades movervos, lembrade as suxestións de psicomotricidade...

Moito ánimo na nova normalidade!
Todo irá ben!
O Equipo de Educación Infantil!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 2

BO DÍA NENOS, NENAS, PAPIS E MAMIS...
HOXE PROPOÑÉMOSVOS LEMBRAR ACTIVIDADES LÓXICO MATEMÁTICAS...
LEMBRADES ESTE XOGO QUE CONSISTE EN IR SALTANDO CASILLAS E CONTANDO?
PODEDES DICIR OS NÚMEROS AO AZAR OU TIRAR UN DADO...

PODEDES FACER AS CASILLAS MOI FACILMENTE, USANDO AS BALDOSAS DO CHAN, CON CINTA ILLANTE OU SEMELLANTE, OU CON ROTULADOR PERMANENTE...
E O  SUPERDADO TAMÉN O PODES FABRICAR...
  • OS MÁIS PEQUENOS PODEN CONTAR SALTOS CARA ADIANTE E CARA ATRÁS.
  • OS MÁIS GRANDES PODEN SALTAR ATA UN NÚMERO, SABER CANTOS FALTAN PARA 10, E COÑECER ASÍ OS AMIGOS DO 10 (3-7, 2-8, 1-9).
  • TAMÉN PODEN PRÁCTICAR PEQUENAS SUMAS E RESTAS. (SALTO 3, SALTO OUTROS 3, CHEGUEI AO 6...)


MÓVENSE, PÁSANO BEN E APRENDEN DE XEITO MANIPULATIVO!!!
NO SEGUINTE ENLACE ATOPARÁS MÁIS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS INTERACTIVAS:
https://es.ixl.com/math/infantil

COS TUBOS DO PAPEL HIXIÉNICO PODES CONSTRUIR BOTES PARA CONTAR...

 ESTA PIZZA... TAMÉN NOS AXUDA A CONTAR...
PREME NESTE ENLACE DO NOSO BLOG, DO COMEZO DO ESTADO DE ALARMA PARA VER COMO FACER SERIES SINXELAS CON OBXECTOS DA CASA:
http://filodatoinfanttil.blogspot.com/2020/03/eu-quedo-na-casa-suxestios-10.html?m=0
CON ESTAS MANUALIDADES,  ADEMÁIS DE USAR MATERIAIS DE RECICLAXE, PODES SEGUIR CONTANDO E SUMANDO...
CANTOS PUNTOS TEN A XOANIÑA NUNHA Á, NA OUTRA, TODOS XUNTOS, EN CAL TEN MÁIS, SE LLE POÑO... TEÑEN OS MESMOS....
 A BOLBORETA TEN 2 ANTENAS, 4 ÁS, MOITOS CORAZÓNS...

Moito ánimo na nova normalidade!
Todo irá ben!
O Equipo de Educación Infantil!!!

martes, 16 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 1

Bo día nenos e nenas!
Estamos na semana final deste curso tan atípico!
Esperamos que vos gustaran as suxestións que fomos compartindo!
Esta semana dedicarémola ao recordo...
Hoxe imos lembrar algúns contos que vos encantan:
A QUE SABE A LÚA??
E a tí, a que che sabería a Lúa??
O COELLIÑO BRANCO
Tamén podes cantar...
PACO PAPÁN:
E... ORELLAS DE BOLBORETA:
Como sabemos que vos encantan as manualidades. Podedes crear unha fermosa bolboreta!
Na barra lateral dereita do blogue tes moitos contos máis (activa versión para ordenador, se estás usando o teléfono)
A última proposta de hoxe é o conto da vaca que puxo un ovo e unha actividade...
A ver se atopas 10 diferenzas...e se queres podes decorar un dis debuxos!
Moito ánimo na nova normalidade!
Todo irá ben!
O Equipo de Educación Infantil!!!

lunes, 15 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 5 ANOS

BO DÍA, NENOS E NENAS DE 5 ANOS!
AS PROFES BELÉN E MANÚ XA VOS DEIXAMOS AS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA NA PÁXINA WEB DO NOSO COLEXIO: 
UNHA APERTA E A DISFRUTAR DA NOVA NORMALIDADE!! 

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 4 ANOS

BO DÍA, NENOS E NENAS DE 4 ANOS!
AS PROFES LUZ E ISA XA VOS DEIXAMOS AS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA NA PÁXINA WEB DO NOSO COLEXIO: 
UNHA APERTA E A DISFRUTAR DA NOVA NORMALIDADE!! 

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 3 ANOS

Bos días nenos e nenas!
 Queremos despedirnos de vos ata setembro, e agradecervos o esforzo que fixestes, xunto coas vosas familias, ao longo destes meses, dende a casa, para evitar a expansión da COViD-19

EXPERIENCIA: PINTAMOS CON XEO
En vasos, mesturamos auga con colorante alimentario (ou tempera) das cores primarias (azul, vermello, amarelo).
Despois, bota a auga das distintas cores nunha cubeta de xeos (podes por un pauciño en cada cor) e mete a cubeta no conxelador.
Unha vez se forme o xeo..... A Pintar!!!!

PSICOMOTRICIDADE FINA.
Imos probar a colocar os cordóns dos zapatos.
So necesitades un zapato/zapatilla con ollais e un cordón.
A idea e ir metendo o cordón por cada ollal ata chegar o final.
A forma de facelo e libre ( recto, en cruz...)

BINGO.
Para este xogo necesitamos un folio con 5 ou máis cadrados.... En cada un escribimos unha letra (as que saíbamos) despois dinnos unha letra e nos comprobamos se a temos e, se e así, tachámola... Cando teñamos todas, gañamos o bingo.

TABOLEIRO NUMÉRICO. Necesitades: 
  • Unha plancha de corcho (ou cartón). 
  • Gomas.
  • Números de madeira/cartolina/goma eva ...
Pegades os números, e uns cravos ben suxeitos na plancha, e temos listo o taboleiro.
Os nenos e nenas deberán conectar os números en orden, usando gomas elásticas.
 E ahora, une cada número co debuxo que ten a cantidade de flores que representa, e despois repasa e decora os números.
 

CONTO:
Neste vídeo escoitaredes o que lle aconteceu a Mago Rosa por ser tan avarento.

GÚSTAME...
Como remate final a estos días de cole sen cole, propoñémosvos completar o cadro cos vosos gustos... Podes recortar, pegar, colorear... Se pos a data, ao cabo dun tempo será agradable volver velo e lembrar...
E deixámosvos unha chea de cancións moi chulas...

Merchi e Carmen
Miles de bicos!!!!!

Finnnn!!

viernes, 12 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 3: SUXESTIÓNS 4

Bo día a todos e todas!
Xa remata a semana. Esperamos que vos gustara moito
aprender cousas sobre os océanos e sobre como coidalos...
  • Sabes por que a auga do mar é salgada??? A ver se neste vídeo nos axudan a descubrilo...
  • Eres quen de memorizar este refrán e estas poesías? Tamén podes repasar as letras, decorar...

  • Tamén podes repasar os nomes e decorar os animais do mar??
  • Hoxe propoñemos esta divertida manualidade con rollos de papel hixiénico, decoras o rollo, fas as aletas, aplastas para pegar e poslle os ollos... Despois podes usar os peixes de moitas maneiras... :
  • Axúdasnos a contar os animaliños do mar?? Tamén lle podes dar color!
  • E ahora a buscar diferenzas nestes fondos mariños... Hai 16!!! 

E O BROCHE DE OURO...
A NOSA AMIGA SUSA HERRERA E O LEÓN MARINO:
TODO IRÁ BEN!
MOITO ÁNIMO!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

jueves, 11 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 3: SUXESTIÓNS 3

Bo día a todos e todas!
Hoxe empezamos cantando, bailando e imitando os animais dos océanos como os nenos e nenas deste vídeo:
  • Esperamos que vos gusten estas estas curiosidades do mar
  • A nosa amiga, Sabela Gago, cóntanos un conto chulísimo, cheo de piratas... 
Podedes debuxar os 10 piratas,o a vos disfrazados de pirata.
  • E propoñémosvos outra manualidade para construír polbos...
  • Neste vídeo propóñennos outro experimento:
  • Sudoku mariño. Recorta e pega para completar o sudoku.
  • Axúdanos a contar os animais do mar. Rodea o número axeitado:
  • Axuda a tartaruga a atopar o seu bebé:
  • Rematamos con esta coreografía en inglés!!

TODO IRÁ BEN!
MOITO ÁNIMO!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

miércoles, 10 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 3: SUXESTIÓNS 2

Bo día nenos, nenas, papis e mamis.
Para non perder os bos e marabillosos hábitos de ler e contar contos, deixámosvos este conto
 "De como la ballena consiguió su garganta" para que o leades, o disfrutedes... e despois vos mergulledes no fondo do océano contándollo aos nenos e nenas!!
 
 Despois de escoitar o conto, os nenos e nenas podedes facer/pintar/decorar... a balea, usando os materiais que vos gusten e/ou teñades a man!
  •  Hoxe temos outra manualidade moi chula... Deseña a silueta dun polbo. Despois fai moitos rectángulos da mesma cor e vas pegando e enganchando para ir facendo unha cadea, 2, 3 ata 8... Esas serán as patas do polbo.
  • E ahora un experimento... Vamos ter o océano nunha botella...
  • Neste vídeo podemos ver e escoitar como temos que protexer os océanos da contaminación:
  • Une cada animal dos océanos coa súa silueta:

  • Completa os animais:
  • Acabamos cunha divertida canción:

TODO IRÁ BEN!
MOITO ÁNIMO!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

martes, 9 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 3: SUXESTIÓNS 1

Bo día, nenos, nenas, papás e mamás!!
Onte, 8 de xuño, foi o día Mundial dos Océanos. Esta semana dedicaremos as nosas propostas a investigar e aprender moito sobre os Océanos!!!
  • Empezamos cun vídeo que nos fala dos Océanos:


  • Manualidade: Podes facer estas super medusas, usando pratos de plástico ou cartón e tiras de tea, lá, papel... 

  • Completa os debuxos simétricos...

  • Coa axuda de papi e/ou mami completa o nome dos océanos e decora:
  • No caderno verde de SOGAMA atoparás actividades interactivas para coidar dos nosos océanos.
http://www.cadernoverde.gal/category/educacion-infantil/
  • No seguinte xogo interactivo poderás ver e escoitar moitas cousas interesantes sobre os océanos... Mesmo en 360°... Busca e disfruta dos vídeos que máis che gusten.

TODO IRÁ BEN!
MOITO ÁNIMO!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

lunes, 8 de junio de 2020

COLABORACIÓNS: SEMANA DOS OCÉANOS

MAYA, 3 ANOS A, AMÓSANOS O SEU POLBO



THIAGO, 5 ANOS A, CONSTRUÍU UN POLBO!
 XANDRE, 5 ANOS A, DEBUXOU A BALEA QUE XA TEN UNHA BOCA QUE NON PODE COMER NENXS!
MAYA, 3 ANOS A, COMPUXO E  COLOREOU ANIMAIS DOS OCÉANOS.
JOEL, 5 ANOS A, FIXO UN POLBO E UN PEIXE ESPADA!!
 O "PULPO DUENDE" DE NICO, 5 ANOS B! 
NOA, 5 ANOS A, AMÓSANOS OS SEUS POLBOS.

 ALEX GONZÁLEZ, 5 ANOS A, AMOSA OS SEUS TRABALLOS.




IZAN, 5 ANOS A, CREOU UNHA CHEA DE POLBOS, PEIXES, BALEAS E MEDUSAS!!!





ALEX SEBASTIÁN, 5 ANOS A, AMOSA O SEU POLBO.


ADRIÁN, 5 ANOS A, AMÓSANOS UNS POLBOS MARIÑOS MOI CHULOS:

 XOEL, 5 ANOS A,
TEN UNS POLBOS FANTÁSTICOS, E TAMÉN FIXO UNHA MEDUSA, UNHA BALEA E UNHA MANCHEA DE PEIXIÑOS!
 HUGO, 3 ANOS A, AMÓSANOS O SEU TIBURÓN, OS SEUS POLBOS E OS SEUS TRABALLOS DA SEMANA DOS OCÉANOS





!!!
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!