ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

lunes, 15 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 3 ANOS

Bos días nenos e nenas!
 Queremos despedirnos de vos ata setembro, e agradecervos o esforzo que fixestes, xunto coas vosas familias, ao longo destes meses, dende a casa, para evitar a expansión da COViD-19

EXPERIENCIA: PINTAMOS CON XEO
En vasos, mesturamos auga con colorante alimentario (ou tempera) das cores primarias (azul, vermello, amarelo).
Despois, bota a auga das distintas cores nunha cubeta de xeos (podes por un pauciño en cada cor) e mete a cubeta no conxelador.
Unha vez se forme o xeo..... A Pintar!!!!

PSICOMOTRICIDADE FINA.
Imos probar a colocar os cordóns dos zapatos.
So necesitades un zapato/zapatilla con ollais e un cordón.
A idea e ir metendo o cordón por cada ollal ata chegar o final.
A forma de facelo e libre ( recto, en cruz...)

BINGO.
Para este xogo necesitamos un folio con 5 ou máis cadrados.... En cada un escribimos unha letra (as que saíbamos) despois dinnos unha letra e nos comprobamos se a temos e, se e así, tachámola... Cando teñamos todas, gañamos o bingo.

TABOLEIRO NUMÉRICO. Necesitades: 
  • Unha plancha de corcho (ou cartón). 
  • Gomas.
  • Números de madeira/cartolina/goma eva ...
Pegades os números, e uns cravos ben suxeitos na plancha, e temos listo o taboleiro.
Os nenos e nenas deberán conectar os números en orden, usando gomas elásticas.
 E ahora, une cada número co debuxo que ten a cantidade de flores que representa, e despois repasa e decora os números.
 

CONTO:
Neste vídeo escoitaredes o que lle aconteceu a Mago Rosa por ser tan avarento.

GÚSTAME...
Como remate final a estos días de cole sen cole, propoñémosvos completar o cadro cos vosos gustos... Podes recortar, pegar, colorear... Se pos a data, ao cabo dun tempo será agradable volver velo e lembrar...
E deixámosvos unha chea de cancións moi chulas...

Merchi e Carmen
Miles de bicos!!!!!

Finnnn!!

2 comentarios:

  1. Moitas grazas polas propostas, orientacións, suxerencias....durante todos estes meses. Foron de gran axuda. Agora toca descansar. Vé monos en setembro.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas propostas, orientacións e suxerencias. Foron de gran axuda. Agora toca descansar. Vé monos en setembro.

    ResponderEliminar