ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

viernes, 19 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 4

Hoxe remata o curso, tiñamos que estar participando na festa de despedida...
Pero toca decir ata setembro desde aquí!
Así que,  imos bailar todos xuntos unha das últimas cancións que puidemos bailar xuntos, o día da Paz ...
Lembrade, 1, 2, 3, 4 adiante, atrás, xiro... E disfrutade das cousas boas da vida!!!!

Para que teñades presente durante o verán, lembramos o que nos suxeriron desde o departamento de orientación ao comezo do confinamento:
Na táboa Montessori de tarefas domésticas para nenxs que aparece no enlace,  amosan as actividades nas que os nosos pequenos poden colaborar...
  • Estos momentos son moi importantes e  educativos porque os nenos e nenas están utilizando estratexias de lóxica (ordenan por cores, formas, tamaños...); matemáticas (cantos somos, cantos pratos, cubiertos, servilletas necesitamos, cantos faltan...), motricidade fina (cando dobran a roupa, vos axudan a tendela, collen os utensilios...) ... ademáis de adquirir hábitos e valores.
  • Otra reflexión importante que comentan é que hai que observar os nenos/as e as súas necesidades. Por exemplo, comentan que se o neno/a quere saltar non llo debemos impedir, senón favorecer unhas condicións nas que poida facelo de xeito seguro... 
  • Tamén debemos estimular a súa observación... A mellor escola é o entorno do neno e del temos que sacar proveito. Vivimos nun mundo rodeado de letras, números, formas... Nos alimentos, marcas comerciais,  sinais de tráfico... Aproveitade todo o que os rodea para estimular e satisfacer a súa curiosidade.
  • Son excelentes colaboradores, e de paso que axudan, aprenden... Collendo cousas, contándoas, explicando como son, como ulen, como soan, como saben...
  • É importante que falen, que  os escoitedes e que saiban escoitar... Faládelle sempre claro e coa maior corrección posible...
DISFRUTADE E FACÉDEOS DISFRUTAR!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA CHEA DE VÍDEOS EDUCATIVOS... PREMEDE NAS ESTRELAS PARA ACCEDER...


Esperamos que vos gustaran as nosas propostas!
Moito ánimo na nova normalidade!
Desexámosvos a todos e todas moi bo verán!
Todo irá ben!
O Equipo de Educación Infantil!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario