ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

jueves, 14 de mayo de 2020

XA QUEDA MENOS! FASE 1: SUXESTIÓNS 3

BO DÍA FAMILIAS, ESTASE ACHEGANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS... NON ESQUEZADES MANDAR A MENSAXE PARA O AMIGUIÑO OU AMIGUIÑA AOS QUE BOTADES DE MENOS!!
XA ORGANIZASTES AS TAREFAS DE HOXE? MIRASTES O ALMANAQUE? 
  • NOS HOXE  PROPOÑÉMOSVOS UN POEMA, FALA DUNHA CASA COMO NA QUE RICARDO CARBALLO CALERO PASABA O VERÁN, NA QUE OCORREU O CONTO DE "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"... SEREDES QUEN DE RECITALO?
  1. PODEDES XOGAR A BUSCAR UNHA LETRA E RODEALA (A DO VOSO NOME, O "P" DE PROFE, O "G" DE GALIÑA, O "R" DE RICARDO...)
  2. E SE QUEREDES COMPLICALO ALGO MÁIS PODEDES CONTAR AS LETRAS QUE RODEASTES... EU ATOPEI 3 LETRAS "P" DE PROFE!!!
  3. TAMÉN PODEDES DEBUXAR A CASA DA GRANXA.

  • COMO VOS SENTIDES HOXE?... AQUÍ VOS DEIXAMOS UN OVO QUE PUXO UNHA DAS GALIÑAS DA GRANXA, CHEO DE EMOCIÓNS... A VER COMO O DECORADES!!!

  • O RAP DA LINGUA DE MIGALLAS, PARA HOMENAXEAR A NOSA LINGUA, CANTAR E BAILAR!

  • E PARA QUE NON ESQUEZADES O CONTO TAN CHULO DE RICARDO CARBALLO CALERO... DEIXÁMOSVOLO TAMÉN, EN FORMA DE CANCIÓN:

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario