BO DÍA FAMILIAS, ESTASE ACHEGANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS... NON ESQUEZADES MANDAR A MENSAXE PARA O AMIGUIÑO OU AMIGUIÑA AOS QUE BOTADES DE MENOS!!
XA ORGANIZASTES AS TAREFAS DE HOXE? MIRASTES O ALMANAQUE?
- NOS HOXE PROPOÑÉMOSVOS UN POEMA, FALA DUNHA CASA COMO NA QUE RICARDO CARBALLO CALERO PASABA O VERÁN, NA QUE OCORREU O CONTO DE "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"... SEREDES QUEN DE RECITALO?
- PODEDES XOGAR A BUSCAR UNHA LETRA E RODEALA (A DO VOSO NOME, O "P" DE PROFE, O "G" DE GALIÑA, O "R" DE RICARDO...)
- E SE QUEREDES COMPLICALO ALGO MÁIS PODEDES CONTAR AS LETRAS QUE RODEASTES... EU ATOPEI 3 LETRAS "P" DE PROFE!!!
- TAMÉN PODEDES DEBUXAR A CASA DA GRANXA.
- COMO VOS SENTIDES HOXE?... AQUÍ VOS DEIXAMOS UN OVO QUE PUXO UNHA DAS GALIÑAS DA GRANXA, CHEO DE EMOCIÓNS... A VER COMO O DECORADES!!!
- O RAP DA LINGUA DE MIGALLAS, PARA HOMENAXEAR A NOSA LINGUA, CANTAR E BAILAR!
- E PARA QUE NON ESQUEZADES O CONTO TAN CHULO DE RICARDO CARBALLO CALERO... DEIXÁMOSVOLO TAMÉN, EN FORMA DE CANCIÓN:
MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario