ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

miércoles, 20 de mayo de 2020

XA QUEDA MENOS! FASE1: SUXESTIÓNS 6

Bo día, familias!
  • Hoxe despois das rutinas diarias podedes facer un pouco de exercicio coas suxestións da profe Cris ...
  • Despois propoñémosvos escoitar/ver a Beatriz Campos de Migallas teatro contándonos o conto "A Princesa e o chícharo"!
Podes colorear e repasar as letras,  ou debuxar tu mesmo o que máis che gustou do conto!
  • Afundación ofrécenos un taller de teatro sen pagar:
Teatro o xoves  ás 5.
Preme no enlace
https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/taller-de-teatro-infantil-con-teatro-dos-ghazafelhos
  • Que vos parece un experimento?

ESPUMA MÁXICA
Neste vídeo de” Babble Dabble Do” podemos ver a espuma máxica en acción. Só necesitamos:

  1. un frasco ou vaso
  2. vinagre branco
  3. bicarbonato de sodio
  4. colorante alimentario ou acuarelas líquidas
  5. deterxente para pratos

O procedemento é moi sinxelo: pomos vinagre no noso frasco ou vaso, botamos unhas pingas de deterxente, unhas pingas de colorante ou acuarelas para dar cor, e mesturamos. É neste momento que se produce a” maxia”, botamos bicarbonato de sodio dentro do vaso, e a reacción entre o vinagre e o bicarbonato producirá unha espuma que crecerá e crecerá deixando a péquelos coa boca aberta.
Moito ánimo!
Todo irá ben!
O equipo de Educación Infantil!

No hay comentarios:

Publicar un comentario