HOXE FOMOS AO AUDITORIO VER A OBRA DE TEATRO
NUNCABUNGA
Preto do mar vive unha persoa que construíu o seu fogar nun recuncho.
Un día de tempestade, aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un
refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra.
Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel
lugar.Serán capaces de chegar a un acordo?
Esta obra cómica e poética á vez, gañadora do premio María Casares ao mellor espectáculo, trata valores como o respecto e a convivencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario