ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

lunes, 16 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA OS DÍAS DE ILLAMENTO!

ESTIMADAS FAMILIAS, NON SABEMOS OS DÍAS QUE IMOS TARDAR EN RECUPERAR A NORMALIDADE, POLO QUE VOS QUEREMOS FACER ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS:

  • COMPARTIDE AS TAREFAS DOMÉSTICAS COS NENOS E NENAS, DÁNDOLLES RESPONSABILIDADES, COMO...
  • POÑER A MESA... CANTOS IMOS XANTAR??? HAI QUE POÑER O MESMO NÚMERO DE PRATOS, CUBIERTOS, SERVILLETAS...
  • A HORA DE FACER A COMIDA É MOI INTERESANTE PORQUE TODO SE PODE CONTAR (ARROZ, FIDEOS, LENTELLAS...), TAMÉN SE PODE AMASAR, VER AS DIFERENTES TEXTURAS DOS ALIMENTOS...
  • USADE OS 5 SENTIDOS: UNHA MAZÁ E REDONDA, VERMELLA, SUAVE, DURA, ULE A MAZÁ, NON SOA MOITO E TEN SABOR DOCE. AXUDÁDELLES A OBSERVAR COS 5 SENTIDOS.
  • FALÁDELLES MOITO E E EXPLICÁDELLES TODO CON CLARIDADE, AO MESMO TEMPO QUE OS ESCOITADES E FACILITADES QUE SE EXPRESEN.
  • TODO O QUE VOS RODEA NO FOGAR PODE SER UN MOMENTO EDUCATIVO SE PROPICIAMOS QUE OBSERVEN E PREGUNTEN, AO MESMO TEMPO QUE RESPONDEMOS ÁS SÚAS DÚBIDAS!
  • A TELEVISIÓN E DEMÁIS PANTALLAS NON SON UN APARCADOIRO.  VÉDEAS CON ELES E ELAS, E COMENTADE TODO O QUE OCORRE!
  • A  rtve HABILITOU CANAIS EDUCATIVOS PARA ESTOS DÍAS. PARA O NOSO TRAMO DE IDADES SERÍA ESTE ENLACE:
  • https://www.rtve.es/rtve/20200313/clan-lanza-educlan-durante-cierre-centros/2010023.shtml
  • OS CONTOS CLÁSICOS E OS XOGOS DE MESA APORTAN MOMENTOS DE COMUNICACIÓN MOI POSITIVOS.
  • APROVEITADE PARA DISFRUTAR DELES E DELAS.
E... NON ESQUEZADES... PARA QUE ISTO SEXA BREVE...
QUEDA NA CASA!!!

O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL 

No hay comentarios:

Publicar un comentario