BO DÍA, FAMILIAS!
HOXE EMPEZA UN NOVO MES...
O DE MARZO FOI VERDAREIRAMENTE ATÍPICO; E O DE ABRIL ... ÍMOS COMEZALO COA ESPERANZA DE QUE PRONTO REMATE ESTA SITUACIÓN.
- UNHA DAS RUTINAS QUE FACEMOS TODOS OS DÍAS NO COLEXÍO, PRECISAMENTE, É POÑER O DÍA. O ALMANAQUE PODE DARNOS MOITO XOGO... APROVEITADE O CAMBIO DE MES PARA OBSERVAR O ALMANAQUE CON ELES:
- QUITAMOS UNHA FOLLA PORQUE REMATOU O MES DE MARZO (MES NÚMERO 3) PODEMOS DICIR OS MESES, AHORA TOCA ABRIL, O NÚMERO 4.
- O DÍA DA SEMANA É MÉRCORES. PODEMOS CANTAR A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA. (OS MÁIS PEQUENOS TEÑEN OS DÍAS POR CORES)
- O NÚMERO DO DÍA É 1, PODEMOS RODEALO NO ALMANAQUE.
- AHORA ESCRIBIMOS O DÍA: MÉRCORES, 1 DE ABRIL DE 2020 E A DATA MATEMÁTICA: 1-4-2020 (NÚMEROS DO DÍA-MES-ANO)
- COMO XA ESTAMOS EN PRIMAVERA, DEIXÁMOSVOS UN TRABALLO SOBRE O CICLO DA VIDA DAS PLANTAS.
No enlace tendes os pasos para poder facer o experimento cxs nenxs:
Podedes rexistrar o que vistes no experimento:
IMAXES E PALABRAS PARA RECORTAR:
PEGA AS PALABRAS QUE RECORTACHES DONDE CORRESPONDA:
PEGA AS IMAXES QUE RECORTACHES NO LUGAR AXEITADO:
QUEDARÁ ASÍ
- TAMÉN VOS DEIXAMOS ESTE CONTO DE PAULA CARBALLEIRA:
- OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS TENDES NOVAS ACTIVIDADES NA WEB DO COLE:
- Na barra lateral (versión para ordenador) actualizamos os enlaces, co servizo de prestamo de libros dixitais gratuitos da Xunta e con actividades interactivas para Educación Infantil das Editoriais.
- A Editorial Santillana tamén ofrece apps que podedes descargar gratuitamente no Play Store
Achegámosvos un aviso da dirección do centro para as familias, tendo en conta que xa rematamos a 2ª avalización:
"Como non é posible entregar os boletíns coma sempre, deberán descargar nos seus teléfonos móbiles a aplicación abalarMobil (desde o Play store ou App store), deste xeito recibirán as notas dos seus fill@s on line.
Si a algunha familia non lle é posible facer isto que chame ó centro por teléfono (de luns a venres de 9 a 14 horas), imprimirémoslle o boletín e enviarémosllo por correo ordinario".
ÁNIMO A TODXS!
TODO IRÁ BEN!
EU QUEDO NA CASA!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL
No hay comentarios:
Publicar un comentario