Na táboa Montessori de tarefas domésticas para nenxs que aparece no enlace, amosan as actividades nas que os nosos pequenos poden colaborar...
Estos momentos son moi importantes e educativos porque os nenos e nenas están utilizando estratexias de lóxica (ordenan por cores, formas, tamaños...); matemáticas (cantos somos, cantos pratos, cubiertos, servilletas necesitamos, cantos faltan...), motricidade fina (cando dobran a roupa, vos axudan a tendela, collen os utensilios...) ... ademáis de adquirir hábitos e valores.
Otra reflexión importante que comentan é que hai que observar os nenos/as e as súas necesidades. Por exemplo, comentan que se o neno/a quere saltar non llo debemos impedir, senón favorecer unhas condicións nas que poida facelo de xeito seguro...
Tamén debemos estimular a súa observación... A mellor escola é o entorno do neno e del temos que sacar proveito. Vivimos nun mundo rodeado de letras, números, formas... Nos alimentos, marcas comerciais, sinais de tráfico... Aproveitade todo o que os rodea para estimular e satisfacer a súa curiosidade.
Son excelentes colaboradores, e de paso que axudan, aprenden... Collendo cousas, contándoas, explicando como son, como ulen, como soan, como saben...
É importante que falen, que os escoitedes e que saiban escoitar... Faládelle sempre claro e coa maior corrección posible...
DISFRUTADE E FACÉDEOS DISFRUTAR!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA CHEA DE VÍDEOS EDUCATIVOS... PREMEDE NAS ESTRELAS PARA ACCEDER...
Esperamos que vos gustaran as nosas propostas! Moito ánimo na nova normalidade! Desexámosvos a todos e todas moi bo verán! Todo irá ben! O Equipo de Educación Infantil!!!
HOXE PROPOÑÉMOSVOS LEMBRAR ACTIVIDADES LÓXICO MATEMÁTICAS...
LEMBRADES ESTE XOGO QUE CONSISTE EN IR SALTANDO CASILLAS E CONTANDO?
PODEDES DICIR OS NÚMEROS AO AZAR OU TIRAR UN DADO...
PODEDES FACER AS CASILLAS MOI FACILMENTE, USANDO AS BALDOSAS DO CHAN, CON CINTA ILLANTE OU SEMELLANTE, OU CON ROTULADOR PERMANENTE...
E O SUPERDADO TAMÉN O PODES FABRICAR...
OS MÁIS PEQUENOS PODEN CONTAR SALTOS CARA ADIANTE E CARA ATRÁS.
OS MÁIS GRANDES PODEN SALTAR ATA UN NÚMERO, SABER CANTOS FALTAN PARA 10, E COÑECER ASÍ OS AMIGOS DO 10 (3-7, 2-8, 1-9).
TAMÉN PODEN PRÁCTICAR PEQUENAS SUMAS E RESTAS. (SALTO 3, SALTO OUTROS 3, CHEGUEI AO 6...)
MÓVENSE, PÁSANO BEN E APRENDEN DE XEITO MANIPULATIVO!!!
NO SEGUINTE ENLACE ATOPARÁS MÁIS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS INTERACTIVAS: https://es.ixl.com/math/infantil
COS TUBOS DO PAPEL HIXIÉNICO PODES CONSTRUIR BOTES PARA CONTAR...
No blogue da biblioteca e na páxina web do colexio tendes 2 xogos interactivos para disfrutar do conto que máis vos guste e para adiviñar os contos agochados...