Bo día familias e pequechos!
Cómo vos atopades?
Preparad@s con moita energía para facer un montón de cousas divertidas?
- Ahora como xa podedes sair un pouqiño a rúa, observade e logo falade coa vosa familia do que está a acontecer coa chegada da primavera.
Neste vídeo podedes ver o paso do inverno á primavera coa música de fondo das 4 estacións de Vivaldi:
- Debuxamos flores. Soamente imos dar unha premisa, queremos un folio en branco e que o enchan de moitas flores moi coloridas. Despois mandádesnoslas, e o venres poremos todas xuntas no blog. Deixadeos libremente (non ensinarlles como se fai unha flor), que as fagan el@s s@s.
- Facer series sinxelas con dous obxectos que teñades na casa... Como por exemplo...
- "Encesta o rollo"
Para esta actividade precisades rollos de papel hixienico e un cesto no que collan os rollos.
Tumbad@ no Chan boca arriba, encesta o rollo que lanzas cos pes na cesta colocada detrás da cabeza.
Explicámovolo cunha imaxe que vale mais que mil palabras.
Imaxinade que o boneco é o neno ou nena que colle o rollo cos pes...
- E deixamósvos este conto, que xa compartiramos ao comezo do confinamento noutro formato. Pensamos que volverllo contar lles axudará a entender un pouco os momentos que estamos a vivir:
Esperamos que vos gusten as nosas propostas.
Carmen e Merchi!
Carmen e Merchi!
ÁNIMO A TODOS!!
TODO IRÁ BEN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario