ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

miércoles, 27 de mayo de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 2: SUXESTIÓNS 2

Bo día, nenos, nenas, papás e mamás...
Primeiro un pouco de exercicio coa canción da xirafa...
Tamén podedes imitar movementos de animais: o elefante, o leopardo (é áxil e lixeiro, o elefante non corre pero dá pasos grandes)...

Hoxe ímosvos pidir aos maiores que colaboredes un pouco máis, e lles leades este precioso conto aos vosos/as nenos/as...
Un conto de Zambia en versión dxs profes de infantil
Esta é a árbore, e esta a tartaruga. Inspirándote no debuxo, recrea o conto, coa árbore chea de froitas. Recorda que eran variadas. Podemos facer unha exposición se nos mandades debuxos ás profes.
  • Neste vídeo fálanvos dos animais da sabana. É moi interesante:
  • Compartimos este xogo interactivo para facer puzzles de animais:
Preme no botón do fondo da pantalla para iniciar o xogo:
  • E para rematar por hoxe os sons dos animais da selva, en inglés:

Moito ánimo!
Todo irá ben!!
O Equipo de Educación Infantil!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario