ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

lunes, 11 de mayo de 2020

QUEDA NA CASA: 3 ANOS/8

BO DÍA NENOS E NENAS E FAMILIAS!
Presentámosvos novas actividades para comezar esta semana con moita enerxía.

  • Cada 17 de maio, celebramos que en Galicia temos unha lingua e cultura propias.

Este ano o Día da Letras Galegas dedícaselle a Ricardo Carvalho Calero (escritor, filólogo e lingüísta ferrolán).
Na nosa lingua hai moitas palabras fermosas, como estas:

O noso tributo ao autor será elixir as palabras máis fermosas que en galego fan referencia a primavera ou á natureza en  xeral... Mandádenos todas as palabras que vos gusten.
Aquí tendes un vídeo cunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero "As Pitas baixo a Choiva"


Se queredes facer máis actividades de Ricardo Carvalho Calero descargade o pdf das actividades de 3 anos desde a páxina web do noso colexio, premendo no enlace:
E tamén vos deixamos actividades interactivas...
pero só funcionan desde o ordenador (nin na tablet, nin non teléfono)
Actividades LIM biografía Ricardo Carbalho Calero
http://seminariogalan.org/inicio/ver/463
Actividades LIM 4º Educación Infantil:
http://seminariogalan.org/inicio/ver/460
  • Como o conto de Ricardo Carvalho Calero é de pitas, ao mellor tamén vos gustan os de galos...

  • E esta canción que vos encanta.

  • Outra actividade de series de dous elementos sinxela... esta vez a consigna é grande/pequeno, e utilizade o que queirades:
  • Tamén vos propoñemos outra manualidade divertida con  flores, usando rollos de papel hixiénico para estampar. Corta distintas formas nos tubos do papel hixiénico, elixe as cores , molla e crea as túas flores.

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
CARMEN E MERCHI!

No hay comentarios:

Publicar un comentario