Bo día!!!!
Gozade das nosas propostas para esta semana!!
- Xogo: sitúa unha vasoira no chan e.....
- Salta cos pes xuntos dun lado a outro da vasoira.
- Coas mans apoiadas no chan nun extremo da vasoira, salta cos pes xuntos dun lado a outro
- Salta a vasoira e a continuación pasa por debaixo dela (un adulto eleva a vasoira do chan) . Así sucesivamente.
- Métete dentro dunha bolsa grosa da compra, agarra as asas e salta dun lado cara outro.
2. Lóxico-matemáticas.
Colle varias parellas de calcetíns, grandes, medianos, pequenos; de varias cores.... e xúntaos todos.
- Cantos hai en total?
- Atréveste a buscar as parellas de novo?
- Facemos series? Inventa o patrón para colócalos e elabora unha serie cos calcetíns.
- Compara dous calcetíns distintos. Que diferencias atopas?
- Emparella de novo e intenta dobralos.
- Neste conto os protagonistas son tres chivos: un pequeno, un mediano e un grande
- Coloca dúas cuncas nunha bandexa, unha con auga e outra baleira.
(lembrade cos nenos e nenas os conceptos cheo/baleiro e absorvente -a esponxa é absorvente porque "chupa" a auga-)
4. As Vogais: Todos a cantar para lembrar as vogais.
Aquí tes as vogais para repasar:
Un bico xigante.
Carmen e Merchi!
No hay comentarios:
Publicar un comentario