ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

miércoles, 17 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/NOVA NORMALIDADE: SUXESTIÓNS 2

BO DÍA NENOS, NENAS, PAPIS E MAMIS...
HOXE PROPOÑÉMOSVOS LEMBRAR ACTIVIDADES LÓXICO MATEMÁTICAS...
LEMBRADES ESTE XOGO QUE CONSISTE EN IR SALTANDO CASILLAS E CONTANDO?
PODEDES DICIR OS NÚMEROS AO AZAR OU TIRAR UN DADO...

PODEDES FACER AS CASILLAS MOI FACILMENTE, USANDO AS BALDOSAS DO CHAN, CON CINTA ILLANTE OU SEMELLANTE, OU CON ROTULADOR PERMANENTE...
E O  SUPERDADO TAMÉN O PODES FABRICAR...
  • OS MÁIS PEQUENOS PODEN CONTAR SALTOS CARA ADIANTE E CARA ATRÁS.
  • OS MÁIS GRANDES PODEN SALTAR ATA UN NÚMERO, SABER CANTOS FALTAN PARA 10, E COÑECER ASÍ OS AMIGOS DO 10 (3-7, 2-8, 1-9).
  • TAMÉN PODEN PRÁCTICAR PEQUENAS SUMAS E RESTAS. (SALTO 3, SALTO OUTROS 3, CHEGUEI AO 6...)


MÓVENSE, PÁSANO BEN E APRENDEN DE XEITO MANIPULATIVO!!!
NO SEGUINTE ENLACE ATOPARÁS MÁIS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS INTERACTIVAS:
https://es.ixl.com/math/infantil

COS TUBOS DO PAPEL HIXIÉNICO PODES CONSTRUIR BOTES PARA CONTAR...

 ESTA PIZZA... TAMÉN NOS AXUDA A CONTAR...
PREME NESTE ENLACE DO NOSO BLOG, DO COMEZO DO ESTADO DE ALARMA PARA VER COMO FACER SERIES SINXELAS CON OBXECTOS DA CASA:
http://filodatoinfanttil.blogspot.com/2020/03/eu-quedo-na-casa-suxestios-10.html?m=0
CON ESTAS MANUALIDADES,  ADEMÁIS DE USAR MATERIAIS DE RECICLAXE, PODES SEGUIR CONTANDO E SUMANDO...
CANTOS PUNTOS TEN A XOANIÑA NUNHA Á, NA OUTRA, TODOS XUNTOS, EN CAL TEN MÁIS, SE LLE POÑO... TEÑEN OS MESMOS....
 A BOLBORETA TEN 2 ANTENAS, 4 ÁS, MOITOS CORAZÓNS...

Moito ánimo na nova normalidade!
Todo irá ben!
O Equipo de Educación Infantil!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario