Bo día nenos e nenas, papis e mamis!
Esta semana, o día 5 de xuño, celebramos o día mundial do Medio Ambiente...
Por iso todas as propostas que vos fagamos ao longo da semana van estar relacionadas co Medio Ambiente!
- Que vos parece se empezamos movéndonos, e bailamos a canción que sabemos tan ben da "Madre Tierra"
- A continuación escoita este bonito conto, no que nos explican que o noso planeta, Terra, estaba maliño, e cómo con pequenas cousas... poidemos abrazalo:
Despois podes pensar as pequenas cousas que tu podes facer polo planeta...
Fai un debuxo da túa pequena aportación e mándallo á túa profe!!!
- SEGUINDO O MODELO DA FOTO PODES FACER AS TÚAS MANS COIDANDO DA NAI TERRA...
- Así de enfermiño está o noso planeta... a ver se entre todos o melloramos:
- Neste xogo atoparás imaxes e cancións que che axudan a coidar o Medio Ambiente:
- Na páxina web do colexio, desde o Plan Proxecta, propoñen unha actividade en colaboración coa DXT
Desde o Equipo de Normalización Lingüística tamén fixeron unha proposta de actividade, relacionada cos hortos, na web do colexio;
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato/node/1088NESTES ENLACES EXPLICAN COMO PODEDES PARTICIPAR... TAMÉN PODEDES MARDAR OS TRABALLOS ÁS VOSAS PROFES TITORAS, E XA NOS OS FACEMOS CHEGAR...
Lembrade que a actividade do Plan Proxecta ten como límite de entrega o 10 de xuño!
No hay comentarios:
Publicar un comentario