ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS

ASÍ SE VE O NOSO COLEXIO DESDE O PARQUE DOS PATOS
Clica na imaxe para acceder á web do CEIP Filomena Dato

lunes, 8 de junio de 2020

TODO IRÁ BEN/FASE 3: 3 ANOS

Bo día nenos e nenas!!
Os días pasan, e o sol acompáñanos, avisándonos de que o verán peta na porta...e nós, desexando que estedes gozando de cada un dos días, e  coas nosas propostas.
Empezamos cun conto da Sabana e os soños da cadeliña Lúa:
  • Ahora vai máis calor ... Podes repasar os raios deste sol...
 e como adoitamos vestir de manga corta... Segue os trazos das camisetas e despois decóraas como che guste:
  • Xogo manipulativo: collemos o noso xogo de construcción (lego, pezas de madeira....) despois pedímoslle a un adulto que escriba varios números nun folio, e o que temos que facer e unha torre con tantas pezas como nos diga o número.
A continuación podemos repasar os números:
  • Experimento con pintura.
Materiais:
Fariña.
Sal fina.
Colorante alimentario.
Auga.
Pincel.
Papel para debuxar. 
Mans a obra...
Mezclar 1 cullerada de Fariña, 1 cullerada de sal, 3 de auga e colorante alimentario. Logo deixa voar a imaxinacion, fai un debuxo, cando remates meteo no microondas!
E sorpresaaaa!!!

  • Xogo con globos.
1. Golpeados coas mans sen deixalos caer o chan.
2. Alterna o golpeo das mans con outras partes do corpo (cabeza, cobado...).
3. Colocado entre os xeonllos e desprazate dando saltos.
4. Mantenno no aire golpeandoo Cunha raqueta (pau, mosqueiro....)
5. Lévao polo chan, tocándoo cunha vasoira, ata unha porteria (un cubo deitado).
6. Lévao sen tocalo: soprando.

  • Hoxe, 8 de xuño, conmemórase o Día Mundial dos Océanos...
As actividades da semana dedicarémolas a esta efeméride.
Hoxe deixámosvos esta canción chea de peixiños...
E estos debuxos por se queres colorear algún...






Tamén podes debuxar un marabilloso océano cheo de peixiños, e/ou buscar en revistas as letras dos nomes dos peixiños que fagades ou coloreedes, para despois compoñelos!!!

Esperamos que vos gusten as nosas propostas!!!
Moitos bicos!
Merchi e Carmen!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario